O Post-Growth Innovation Lab obtén unha axuda da Xunta de Galicia que o recoñece como Grupo con Potencial de Crecemento

As Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i para o 2023, outorgadas pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a Vicepresidencia Primeira e a Consellería de Economía, industria e Innovación da Xunta de Galicia, recoñecen ás unidades e aos grupos de investigación universitarios de maior calidade e prestixio. O grupo Post-Growth Innovation Lab concorreu a esta convocatoria por primeira vez este ano, acadando unha axuda que o recoñece como grupo con potencial de crecemento (GPC), avanzando así no camiño para consolidarse coma un grupo de referencia do sistema de I+D+i galego.

Spread the love